rosalia de castro e o poder sexual maria xose queizan 9788491212539

ROSALIA DE CASTRO E O PODER SEXUAL

 (En papel)

MARIA XOSE QUEIZAN

Valora este libro

17.00€

17.00€

Acerca del libro
  • Nº de páginas: 152
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • Editoral: XERAIS
  • Lengua: GALLEGO
  • ISBN: 9788491212539
Rosalía de Castro é unha das escritoras que mellor comprendeu e reflectiu na súa obra, tanto poética como narrativa, a sedución, entendendo esta como o poder sexual que os homes exercen sobre as mulleres. Quere isto dicir que a primeira escritora galega no século XIX, recoñecida e valorada na actualidade por todos, ten como leitmotiv da súa obra a sexualidade e o poder patriarcal. Antes de que se estudase e se lle dese nome ao patriarcado, esta galega xa foi pioneira, con orixinalidade e con audacia, nun tema vixente na actualidade, causante dun holocausto que non se frea. Nas novelas e ensaios rosalianos e en boa parte da súa poesía a muller é a principal protagonista, unha muller que padece os efectos do abuso do patriarcado, tanto no aspecto político como emocional, sendo, como sinala Kathleen March, “a opresión da muller o seu tema único”. María Xosé Queizán reúne aquí sete ensaios de temática rosaliana, dende o introdutorio, que lle dá título, no que se estuda o carácter feminista de toda a obra rosaliana, pasando polos que abordan o amor e o suicidio na obra poética, até os dedicados á súa consideración a través da historia e á persecución que sufriu no seu tempo. Complétase o libro con media ducia de poemas e dous relatos nos que Queizán homenaxea a nosa primeira escritora.

Otros libros del autor

son noxento maria xose queizan 9788499148243

SON NOXENTO

MARIA XOSE QUEIZAN

15.00€

15.00€

anti natura maria xose queizan 9788497828895

ANTI NATURA

MARIA XOSE QUEIZAN

16.10€

16.10€

colera maria xose queizan 9788497826129

COLERA

MARIA XOSE QUEIZAN

14.60€

14.60€

Mostrar más sobre

Opiniones "ROSALIA DE CASTRO E O PODER SEXUAL"

No hay opiniones para este producto

Hazte un hueco en Casa del Libro, regístrate