o pazo baleiro xabier p. docampo 9788483027486

O PAZO BALEIRO

 (En papel)

XABIER P. DOCAMPO

Valora este libro

9.20€

8.74€

Acerca del libro
  • Nº de páginas: 160
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • Editoral: XERAIS
  • Lengua: GALLEGO
  • ISBN: 9788483027486
A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor �que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso�, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoais e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar. Para iso conta con Ramiro, Sol e Társila, os amigos de Nicolás. As esculcas levaranos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente a unha familia nobre que era a propietaria dun pazo deshabitado de Eiravela, de onde inicialmente procede o reloxo. Todos os catro acodirán ao pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas.
Xabier P. Docampo en O Pazo Baleiro deixa albiscar a súa afección pola literatura de aventuras cando eses catro amigos tratan de desenredar xuntos un misterio da aldea onde viven e que se remonta a tempos moi afastados. Docampo retrata con eses catro nenos catro universos diferentes: a rapaza tímida, a valente, o neno independente e o honesto, catro calidades coas que os rapaces conseguirán o que se propoñen. Pero aínda hai algo máis. Amais dunha historia de aventuras tamén o é de solidariedade, de comprensión e de respecto á diferencia pois o misterio comézao Delio, que é o retrato dun ser marxinal, extravagante, incomprendido, pero apaixonado polo seu traballo e cómplice co seu sobriño, a quen lle demostra que o importante é actuar como un pensa.
En O Pazo Baleiro, como nas mellores novelas de aventuras, o lector ou a lectora sente que hai algo prohibido. Unha novela de corte clásico que de seguro ha cumprir un dos desexos do autor. �Gústame pensar que para cada libro que escribo existe alguén a quen lle gusta lelo�.

Ver opiniones de este libro

Inseparables, comprar "O PAZO BALEIRO" junto con:

Los que compraron este libro también compraron

o pintor do sombreiro de malvas (premio lazarillo 2009) marcos calveiro 9788499142166

O PINTOR DO SOMBREIRO DE M...

12.15€

11.54€

construye el templo perdido (maquetas recortables, 13) 9788430573974

CONSTRUYE EL TEMPLO PERDID...

2.95€

2.95€

crocodilo antonio rubio 9788484645450

CROCODILO

ANTONIO RUBIO

7.00€

6.65€

mariseldiña 9788495350367

MARISELDIÑA

5.00€

4.75€

Mostrar más sobre

Opiniones "O PAZO BALEIRO"

Ver todas las opiniones de este libro

Hazte un hueco en Casa del Libro, regístrate