costa do solpor 9788491212195

COSTA DO SOLPOR

 (En papel)

Valora este libro

16.50€

15.68€

Acerca del libro
  • Nº de páginas: 440
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • Editoral: XERAIS
  • Lengua: GALLEGO
  • ISBN: 9788491212195
Un tradutor recibe un manuscrito no que un descoñecido escritor en lingua inglesa narra o regreso ó porto de Bristol da goleta Hispaniola, cargada cun fabuloso tesouro. Tal viaxe de volta non fora tan breve como a describira Robert L. Stevenson no derradeiro capítulo d’A Illa do Tesouro, pois unha violenta tormenta obrigou o navío a buscar refuxio nunha baía da galega Costa do Solpor. Un espía da Confraría da Man Morta, decatándose da importancia da carga do barco inglés, marcha á Coruña para dar aviso ó capitán dun bergantín pirata fondeado nese porto. Da abordaxe que sufrirá a goleta só se salvará o seu grumete, Jim Hawkins, que logra chegar á costa a nado. Os piratas perseguirano, pero o rapaz farase amigo dun mozo e unha moza galegos, o Chavián e Mariña, que tratarán de liberar a goleta asaltada e salvar os seus tripulantes dunha morte certa mediante un plan moi arriscado.Unha gran novela de aventuras ambientada no século XVIII na cidade da Coruña e na costa galega, que empeza onde remata A Illa do Tesouro. A homenaxe galega a grande obra stevensoniana.

Inseparables, comprar "COSTA DO SOLPOR" junto con:

Opiniones "COSTA DO SOLPOR"

No hay opiniones para este producto

Hazte un hueco en Casa del Libro, regístrate