as troitas, miñas señoras (2ª ed.) juan jose moralejo alvarez 9788482887975

AS TROITAS, MIÑAS SEÑORAS (2ª ED.)

 (En papel)

JUAN JOSE MORALEJO ALVAREZ

Valora este libro

15.20€

14.44€

Acerca del libro
  • Nº de páginas: 248
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • Editoral: GALAXIA
  • Lengua: GALLEGO
  • ISBN: 9788482887975
Nunha nova edición ampliada e revisada polo autor, Editorial Galaxia publica As troitas, miñas señoras, de Juan José Moralejo Álvarez. No libro, diversión e sabedoría mestúranse para propor un tipo de lectura diferente, no que o humor xorde da experiencia do autor como pescador nos ríos galegos. Un libro singular para esta primavera, presentado por un limiar de Carlos Casares e cun epílogo de Álvaro Cunqueiro.
A sabedoría que deitan as páxinas de As troitas, miñas señoras, segundo as palabras de Carlos Casares, ten que ver coa vida miúda de todos os días, con ese saber antigo, vello de moitos séculos, que se resiste a desaparecer e que reclama, con dereito e con razón, un lugar no mundo». Juan José Moralejo Álvarez adobía o seu coñecemento e experiencia nos ríos galegos cunha paixón de pescador vocacional que xamais perde de vista o lado humorístico das situacións.
As aventuras e desventuras do autor nárranse, e péscanse, directamente desde beira satírica do río da vida. Nada escapa á ollada mordaz de Moralejo, nin a propia figura do autor. As troitas, miñas señoras nace coa intención de deixar ben clara a admiración entolecida por ríos e troitas, canas e carretes. A lembranza dunha diversión coma a pesca leva ao autor a facer partícipes aos lectores e lectoras da diversión de recordar e revivir, a través da literatura, eses momentos gozosos a carón dos ríos galegos.

Inseparables, comprar "AS TROITAS, MIÑAS SEÑORAS (2ª ED.)" junto con:

Los que compraron este libro también compraron

sol de inverno rosa aneiros 9788499140322

SOL DE INVERNO

ROSA ANEIROS

23.15€

23.15€

Mostrar más sobre

Opiniones "AS TROITAS, MIÑAS SEÑORAS (2ª ED.)"

No hay opiniones para este producto

Hazte un hueco en Casa del Libro, regístrate