a terra cantada camil0 nogueira 9788497824293

A TERRA CANTADA

 (En papel)

CAMIL0 NOGUEIRA

Valora este libro

20.85€

19.81€

Acerca del libro
  • Nº de páginas: 408
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • Editoral: XERAIS
  • Lengua: GALLEGO
  • ISBN: 9788497824293
Camilo Nogueira ofrece n' A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos últimos anos. Precedido por un limiar , “O comezo do mundo”, o libro artéllase arredor de catro capítulos que son outros tantos eixos das preocupacións políticas do autor: o primeiro, “Provincia ou nación” (onde aborda as cuestións referidas ao desenvolvemento do movemento nacional galego); o segundo, “A memoria e a amnesia” (no que reflexiona sobre as contradicións existentes sobre o papel de Galicia, Cataluña ou Euskadi dentro de España); o terceiro, “Unha revolución histórica” (onde percorre e analiza os fitos decisivos do proceso constitucional europeo recente); e, por último, “O imperio declinante” (no que, dende a súa dilatada experiencia internacional, dá conta dalgúns dos acontecementos máis salientables da última década).
Nogueira ofrece un libro con unidade e grande coherencia pola súa intención explícita de propoñer ao lector como fío condutor unha reflexión sobre a construción do proxecto nacional galego nos últimos dous séculos. Interpretación ou lectura non tanto como a historia dun nacionalismo concibido como ideoloxía, senón como unha proposta de liberdade, progreso e independencia que, cos seus erros e os seus acertos, reflicte a procura do autogoberno para Galicia situarse como nación no mundo sen mediacións políticas estatais sacralizadas. Nogueira enuncia unha menxase esperanzada para unha Galicia con vontade de mudar a súa perspectiva histórica, reencontrándose como nación política, unindo a memoria do pasado co proxecto do futuro.

Inseparables, comprar "A TERRA CANTADA" junto con:

Opiniones "A TERRA CANTADA"

No hay opiniones para este producto

Hazte un hueco en Casa del Libro, regístrate